verme canteiro*

Colóuselle un verme no corpo. Está a deixalo baleiro, Cheo de buracos, Baixo unha néboa de esquecemento. Esvaeceron os retratos de familia. E xa non recorda, Se nos pertencían tódalas noites, Ou só alugaramos meteoros e grilos de verán. Un verme acabou cos pretéritos perfectos. E agora, corpo ingrávido, Lene muxica, Afástase das luminarias dos […]

descartes de poesía: Colilla

Cabicha (colilla) Mira o que acadaches cun só cigarro. Desángrome polos buratos das miñas sabas. E namentres, coas mans culpables, Apestas a contos e nicotina. Este é o inverno das relacións mortas, O dos cinceiros que esqueciches limpar. Unha enchente de falsedade Asolaga os nosos bicos, Cada mesquiña verba, E as miles de cinzas Que […]

Cerebro bilingüe

Penso en galego. É estrano e moi sinxelo á vez. As verbas brotan dende a gorxa coma pombas ceibes, voando ata chegar ó mesmo horizonte e tornarse puntiños vagos que pestanexan ao lonxe. O universo revírase, faise doce coma o mel, silandeiro ó sol que de esguello quenta nas horas logo das treboadas, cando a […]