Cerebro bilingüe

Penso en galego. É estrano e moi sinxelo á vez. As verbas brotan dende a gorxa coma pombas ceibes, voando ata chegar ó mesmo horizonte e tornarse puntiños vagos que pestanexan ao lonxe.

O universo revírase, faise doce coma o mel, silandeiro ó sol que de esguello quenta nas horas logo das treboadas, cando a terra fumega e os paxariños atrévense de novo a piar.
Agora as palabras xorden sen mesura, sen sentidiño ningún, tolas e bulideiras á correr pola rúa abaixo.
Atopo os termos que fuxían da miña cabeza castelá, desa parte que adoita rexer e falar por min, a que se empecina en poñer en letra o imposible, en atopar nome para as gotas de orballo que ateigan os cabelos sen chegar a mollalos, un aquel que resuma en poucas sílabas ó arrepío que sobe polas costas cando te perdes na escuridade dun corredor solitario.

Sorrío, que no “sonrío”, é moi diferente; cun aceno distinto, coas mans cheas de formigas mouras esixentes e inquedas, espallando ideas en variados papeis e formatos. Deixo que esvaren os dedos polo teclado: matapiollos, furabolos, pai de todos, anular e maimiño…
Escriben eles sos, despregan contos e historias, inventan chintófanos, andan ás argalladas e fan as maiores falcatrúas sen permiso de ninguén.
Teñen dereito, estamos preto do día de festa.


Hay tardes raras en que no encuentro palabras, so atopo verbas….

Anuncios

8 pensamientos en “Cerebro bilingüe

  1. Esto es un gallego que llega a Nueva York y al ser los hoteles muy caros decide dormir en Central Park. A la mañana siguiente al despertar le dice un policia americano que lo ve:
    -Hello?
    A lo que responde el gallego:
    -Hay xelar non sey si xelaria !PERO FIXO UN FRIO¡

    P.D: ¿Lo he escrito bien?

    Besos

  2. solounpoco- sólo un par de retoques, dígase el hello así “elóu” y la contestación: ai, xear non sei se xearía, pero fixo un frío…

    sinperdon- non fai falla que tolees, pero sorrir é imprescindible 🙂
    non só de morriña se vive por aquí….

  3. Empecei a falar catalán aos 17 anos mais ou menos, empecei a pensar en catalán cando Ariadna estaba na miña barriga,agora penso e falo cos meus fillos en catalán .
    Tradúzoche e enténdoche, encántame como escribes e o que escribes
    Lo he escrito bien?
    petonets

  4. Recordas outro tempo, fas pensar noutros días. Aqueles en que tiñamos que ler “O lapis do carpinteiro” de forma obrigada e facer transcripcións fonéticas e que hoxe están a voltar pero xa dun xeito máis voluntario. O meu xa anda un pouco oxidado pero inda lembro verbas. Hoxe fico con devanceiros e endexamáis…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s