Día das letras galegas

Hoxe é o día das letras galegas (aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía), é por iso que este post vai especialmente escrito en galego (anque so sexa unha vez no ano…)
Lin hoxe nun artigo que o maia Cocom Pech dixo que a língua é a casa da alma, do espírito. Disque a fala dun pobo conforma o seu xeito de velo mundo, de entendela realidade e formar os seus marcos propios de entendemento. Non seríamos igual neste pequeno recuncho atlántico sen as ardentías cambiantes, as marexadas e mares calmos entre bateas; os barcos que retan o demo nas ondas que os abalan entre a vida e a morte, sen as fragas escuras de castiñeiros, carballos freixos, xestas, salgueiros e toxos cas chorimas.
De seguro os rapaces non tremerían na cama, nin pecharían os ollos o quedar ás escuras no seu cuarto á hora de durmir; non soñarían o mesmo se os trasnos, meigas, mouras, tangaraños, lobishomes ou o mesmo sacauntos non estivesen no seu imaxinario infantil.
Un bico non sería un bico sen os teus beizos, sen o teu agarimo, o meu ollar e os nosos aloumiños. Morrerían os solpores, os amenceres, as noites silandeiras fartas de grilos, e o chove-non chove do noso orballo. Xa non voltarías ver o arco da vella, nin as bolboretas, xoaniñas, avelaíñas e cabaliños do demo o teu redor. Non poderíamos xogar a atopar vagalumes nas noites de verán e pechalos en botellas de vidro.
Tamén faltarían as bágoas e prantos das nais que despiden os seus fillos; que os viron partir, marchar, deixalo fogar. Non terían o consolo dunha derradeira aperta, nin saloucos afogados nas gorxas, formando un nó de tristura e pesar.
Non maxinaríamos o que é a ledicia, non iríamos de troula, xolda nin festa rachada. As pandeiradas e o son da gaita non nos farían sorrir, nin cantaríamos panxoliñas polo nadal nin festas no samahín.
Ninguén sabería das saraibas, da brétema, das primeiras folerpas do inverno, dos tronos e lóstregos desatados. Perderíamola tenrura dos cativos no seu berce, os devanceiros non nos espreitarían dende o alén, e as cóxegas non espertarían o axóuxere da tua risa.
Non se pediría o polbo a feira, nin de lacón e cachuchas falaríamos. Non pensaríamos no arrecendo dunha boa bica, nin nas lambonadas todas que saben facer as nais.
Por riba de todo, non poderíamos falar da saudade, da morriña intraducible a outros termos, a outras palabras. Esa necesidade que temos da casa, da aldea, das avoas á solaina e as lendas sobre a santa compaña, a queimada e un grolo de augardente. Do desacougo ó irmos, ó alonxarnos da costa verdecente á que cantaba Pondal; da nosa terra, de Galiza.
As doce badaladas na Berenguela darán por rematado o día destas verbas, destas frases. Maña voltaremos ás andrómenas persoais, ás prisas e trapalladas cotiáns. O que perdurará é este pequeno (ou grande) mundo persoal que a língua nos regala, este fermoso ollar.
Mañá prometo a traducción do intraducible; se a preguiza me deixa, claro. Ata entón, algún bulebule pode tratar de adiviñar alguns significados.

Anuncios

3 pensamientos en “Día das letras galegas

  1. con todo o estrés do exame que teñó en xuño… esquecéuseme que era o día das letras galegas, e iso que é festivo, o que pasa é que últimamente todos os días son iguais na miña vida, sexa pola semá ou festivo ou a data que sexa, só son días… que despiste tan grande, menuda vergoña…
    En fin feliz día das letras galegas atrasado.
    Encantoume ler o teu post, e ademáis o que gaña en galego, a nosa fermosa língua.
    Síntome orgullosa de ser galega 🙂
    Un bico e unha aperta.

  2. A pesar de no ser gallega y entender a duras penas lo escrito quería felicitarte por el post…
    Bonita lengua, que me trae recuerdos confusos medio reales, medio inventados, de días de sol y de niebla, de playas y de colinas con verdes inimaginables en mi tierra, y un sentido del humor especial que me hace envidiar lugares no conocidos.
    Es bonito que exista un día de las letras gallegas, porque siempre que alguien pueda decir te quiero un idioma, ese idioma merece ser celebrado.
    Felicidades galleguiñ@s!!
    Bicos.

  3. A mi me ha pasado lo que a Marta… te he entendido a duras penas y oomo a ella lo q he leído me ha encantado jejeje… (espero no habérmelo inventado) Realmente bueno q quede un día para las letras gallegas pero hasta próximo aviso esperoe esa traducción intraduccible

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s